A parroquia de Biduedo de Triacastela celebra as súas grandes festas a finais de xuño

SarriaXa
A festa comezará coa misa solemne e a sesión vermú no campo da festa co Dúo Eclipse
festas-fogos-artificiais-celebracion
festas-fogos-artificiais-celebracion
19 Maio 2024

A parroquia do Biduedo de Triacastela celebra as súas grandes festas na honra a San Pedro 2024 o vindeiro 29 de xuño.

Nesta xornada, a festa comezará ás 13.30 horas coa misa solemne e sesión vermú no campo da festa co Dúo Eclipse.

Xa pola noite, haberá unha gran verbena co grupo de música tradicional Merenzao a partir das 21.00 horas, logo será a quenda da cena popular e ás 23.00 horas volverá a festa co Dúo Eclipse e o Dúo Estrelas.

0.1655740737915