A parroquia de Estraxiz celebrará as festas de Santiago Apóstolo os días 24 e 25 de xullo

SarriaXa
O lugar de Sivil acollerá dúas xornadas de festa con música, gastronomía, actos relixiosos e unha actuación sorpresa
Fogos artificiais
23 Jul 2026

A parroquia de Estraxiz, no concello de Samos, celebrará os días 24 e 25 de xullo as festas na honra de Santiago Apóstolo, que terán como escenario o lugar de Sivil. A programación combinará tradición, gastronomía e música para todos os públicos.

Os festexos arrancarán o venres 24 de xullo cunha pancetada e queimada, amenizadas polas actuacións do Trío Vairén e do Dúo Tropical, que serán os encargados de abrir as celebracións.

O sábado 25 de xullo comezará ás 12:00 horas cun pasarrúas. Ás 13:30 horas celebrarase a misa solemne, seguida da tradicional procesión e da sesión vermú, que estará amenizada pola Charanga NBA.

Xa pola tarde, os asistentes poderán gozar do concerto de Egs Ars Nova e, a partir das 23:30 horas, o programa concluirá cunha actuación sorpresa, que servirá para pechar esta edición das festas patronais.

0.11038780212402