A parroquia de Goián, en Sarria, celebra as súas festas na honra ao Santo Cristo
A parroquia de Goián, en Sarria, celebra as súas festas na honra ao Santo Cristo os vindeiros días 31 de agosto, 1 e 2 de setembro, con diversas actividades para a veciñanza e aquelas persoas interesadas en achegarse.
Así, o día 31 de agosto haberá unha xuntanza cabalar coa saída ás 16.30 horas do campo da festa á que as persoas interesadas se poden apuntar ata o vindeiro 28 de agosto. Ademais, ás 20.00 horas terá lugar a misa e a partir das 21.30 horas haberá unha pancetada popular e, despois, será a verbena, amenizada polo Dúo Tropical.
Pola súa parte, domingo 1 de setembro, as misas serán a partir das 10.00 horas e a misa maior será ás 13.00 horas, seguida de procesión co Grupo Reviravolta. Logo, haberá sesión vermú coa orquestra Solara e á noite, de novo, a orquestra Solara porá a música a partir das 22.00 horas, así como estará tamén a Banda Louband de Sarria.
Finalmente, o luns, 2 de setembro, haberá misa ás 13.00 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo Tania Veiras e durante esta xornada celebrarase un sorteo de 3 lotes de produtos valorados cada un en 100 euros. A festa rematará co Grupo Tania Veiras.