A parroquia de Laiosa, no Incio, celebra as súas festas do 7 ao 9 de agosto
SarriaXa
Durante tres días, a parroquia do Incio acollerá diversas actividades gastronómicas e musicais para a veciñanza e persoas que se acheguen
1 Aug 2024
A parroquia de Laiosa, no Incio, celebra as súas grandes festas na honra á Virxe dos Remedios os vindeiros 7, 8 e 9 de agosto.
Desta maneira, o día 7, mércores, comezará a festa cunha queimada e verbena amenizada pola solista Natalia.
Pola súa parte, o 8 o día comezará cunha alborada amenizada polo Grupo Érbedo e ás 13.30 horas terá lugar a misa e procesión co Grupo Érbedo, para logo dar paso á sesión vermú amenizada polo Grupo Zona Zero, que tamén participará da festa e verbena, na que estará tamén a orquestra Players.
Pola súa parte, o venres 9 haberá de novo misa maior, procesión e sesión vermú, neste caso amenizada polo Grupo Tormenta e á noite haberá festa e verbena da man deste grupo e tamén co Dj Min.