A parroquia de Trasliste, en Láncara, celebra as súas Festas na honra de Santa Lucía

A parroquia de Trasliste, en Láncara, celebra as súas festas na honra a Santa Lucía durante os días de hoxe, venres 23, o sábado 24 e domingo 25.
Así, a festa comezará esta tarde noite ás 21.30 horas cunha churrascada popular e verbena amenizada co Grupo Punto Clave.
Pola súa parte, o sábado comezará coa misa solemne ás 13.00 horas, seguida de procesión e sesión vermú co Dúo Millennial e á noite, a partir das 23.30 horas volverá a festa co Dúo Millennial.
Para rematar, o domingo 25 tamén haberá misa solemne ás 13.00 horas, seguida de procesión e sesión vermú co Dúo Xilo e Carlos, cos que rematarán as festas.