A pista afundida de Vilamaior de Sarria seguirá cortada ata conseguir unha solución

SarriaXa
Debido a que o pasado martes afundiuse unha pista no treito que pasa sobre o rego de Bacelo, entre a igrexa de Santa María de Vilamaior e a estrada provincial LU-P-5709, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, convocará nos vindeiros días unha reunión cos veciños da parroquia de Vilamaior para abordar as posibles solucións técnicas para arranxala.
22 Xan 2023

Segundo o rexedor, "será complicado buscar unha solución a curto prazo, polo menos mentres siga a chover e corra tanta cantidade de auga, o que obrigará aos veciños a dar un pequeño rodeo". Tamñen explicou que analizarase se é mellor optar por unha solución urxente, aínda que sexa de menor calado, ou por unha obra máis complexa que evite que estas situacións se poidan reproducir no futuro".

A pista, que permanece cortada ao tráfico e conveniente sinalizada desde o mesmo martes é unha incidencia ocasionada polo temporal, polo que o alcalde pide aos afectados "comprensión e paciencia".

Por outra parte, o alcalde tamén se desprazou ata o lugar de Río, na parroquia de Maside, para supervisar os traballos de limpeza de cunetas realizados o pasado martes por persoal municipal e que evitaron desde ese día novas inundacións en polo menos tres vivendas da zona que sufrirán anegamentos nos días anteriores.

0.15594792366028