A Plataforma de afectados pola liña de alta tensión en Sarria lembran que a data final de alegacións é o 11 de xuño

SarriaXa
Na última reunión que organizaron para informar de como alegar, estiveron dando o seu apoio os partidos da oposición local
afectados-liña-alta-tensión-Sarria
23 Maio 2024

A Plataforma de afectados polo paso da “LAT Chao do Marco- SE Belesar Soilán” polo Concello de Sarria lembra a todos os cidadáns (xa que pode alegar quen queira) que a data de finalización para presentar as alegacións a dita LAT é o 11 de xuño de 2024, e aconsella que non se espere ao último día para facelo por si xurde algún imprevisto no último momento.

Nunha reunión que tivo a Plataforma nas instalacións da Unión, á que acudiron case todos os grupos políticos para dar o seu apoio á Plataforma, e medio centenar de afectados moi preocupados pola situación, explicáronse os diferentes tipos de alegacións e o proceso para facelas e onde presentalas.

Así mesmo, a Plataforma deixa algúns modelos de alegacións no establecemento Carlín, na rúa Diego Pazos, e no estanco do Polo no cruce da estación ao servizo das persoas interesadas en alegar.

Lembran que o que non alegue nestas datas, en tempo e forma, non poderán reclamar nin facelo despois. Aínda que se puxeron carteis en diferentes localizacións e se divulgou polas redes sociais, están seguros de que non poderán chegar a todas as persoas afectadas, e incluso que haberá persoas afectadas que nin saben que están afectadas.

0.17193078994751