A Plataforma de afectados pola liña de alta tensión en Sarria preparan unha concentración

SarriaXa
O obxectivo desta mobilización é visibilizar o rexeitamento ao trazado proxectado para a liña de alta tensión
reunión-afectados-LAT-Sarria
20 Jan 2025

A Plataforma de Afectados polo paso da LAT Chao do Marco-SE Belesar Soilán polo Concello de Sarria convoca, conxuntamente coa 'Coordinadora 'Eólicos así non' de Galicia a toda a cidadanía a participar nunha concentración que terá lugar o vindeiro 26 de xaneiro. O acto reivindicativo comezará ás 12.00 horas no cruce de Catro Camiños coa rúa da Liberdade.

O obxectivo desta mobilización é visibilizar o rexeitamento ao trazado proxectado para a liña de alta tensión, que a Plataforma considera prexudicial para o medio ambiente, a paisaxe e a calidade de vida dos veciños afectados. Os convocantes fan un chamamento á participación masiva para reclamar unha solución alternativa e respectuosa co territorio.

"Non ao espolio da nosa terra", é o lema que acompañará esta protesta, que busca sumar apoios na defensa dos intereses da veciñanza e do patrimonio natural.

0.15171885490417