A Pobra de San Xiao acolle esta fin de semana o I Torneo de Balonmán Concello de Láncara Millavén

SarriaXa
A Pobra de San Xiao, en Láncara, acolle esta fin de semana o I Torneo de Balonmán Concello de Láncara Millavén
balonman lancara
2 sep 2022

Membros do concello veñen de reunirse no acto de presentación deste campionato que se celebrará os días 3 e 4 deste mes e no que se disputarán as categorías de torneo infantil feminino e masculino, cadete feminino, cadete masculino e senior masculino.

O torneo desenvolverase no pavillón municipal da Pobra de San Xiao, en Láncara, o sábado e o domingo das 9.15 horas da maña ata as 21.30 horas da noite.

O evento reunirá a preto de 100 participantes nas categorías Infantil Feminina e Infantil Masculina, o que suporá que dende as 9.15 horas ata as 21.00 se disputen 16 encontros cos que os clubs participantes chegados dende diversos puntos de Galicia e dende León tentarán de poñerse a punto cara a nova tempada.

Na tarde do domingo tamén se poderá desfrutar deste deporte xa que se disputará as 18.45 horas o encontro de categoría Senior entre o BM Narón e o CP Lucense.

O acto contou coa participación do alcalde do concello Darío Piñeiro, o xefe do Servicio Provincial de Deportes Manuel Otero e o presidente do CP Lucense Óscar Rodríguez. Colaboran o concello de Láncara, Millaven e a Xunta de Galicia.

balonman lancara2
0.14480090141296