A Pobra de San Xiao de Láncara poderá desfrutar un ano máis do lume de San Xoán

SarriaXa
A Pobra de San Xiao de Láncara poderá desfrutar un ano máis do lume de San Xoán grazas á asociación Patacas Novas
Fogueira San Xoan Lancara
Fogueira San Xoan Lancara
7 jun 2023

A Asociación Patacas Novas organiza, un ano máis, a fogueira de San Xoán o día 23 de xuño na Rúa Alfonso Cela da Pobra de San Xiao.

Esta xornada nocturna comezará ás 22.00 horas cunha cea conxunta no lugar onde que acenderá o lume conformada por empanada, xamón, churrasco mixto, postre e bebida para os asistentes, que terán que pagar 28 euros por esta comida e reservar ao Mesón do Neira.

A participación ao acendido do lume é gratuíto e aberta aos veciños e veciñas de Láncara, que poderán desfrutar da actuación do DJ Miguel de Cendoi previa ás 23.59, cando será o momento do Lume Novo.

Fogueira San Xoan