A Pobra de San Xiao, en Láncara, celebra as súas grandes festas

SarriaXa
As festas grandes de Láncara desenvolveranse os vindeiros 17, 18 e 19 de agosto, nos que haberá diversas actuacións musicais para o desfrute da veciñanza
equipo-de-goberno-Lancara-festas
5 Ago 2024

Os días 17, 18 e 19 de agosto celébranse as Grandes Festas na Pobra de San Xiao, en Láncara, nas que se desenvolverán diversas actividades, que comezarán o día 16 coa Festa da Troita, que acollerá de 23.00 a 01.00 horas a actuación da Batukada.

Así, o día 17 comezará oficialmente a festa ás 21.00 horas coa charanga Louband, que estará ata ás 23.00 horas, momento no que terá lugar o momento da orquestra La Noria e do Grupo Extra.

Xa o día 18 haberá unha sesión vermú amenizada polo Trío Primera Línea e pola noite volverán actuar, así como o fará o Grupo Beatriz.

Finalmente, o día 19 terá lugar a sesión vermú acompañada polo Grupo Punto Clave, que tamén actuará na festa nocturna, xunto coa Orquestra Gran Parada.

0.17631316184998