A Ponte de Lóuzara de Samos celebra a súa XIV Feira da Artesanía este xoves

SarriaXa
Este xoves, 17 de agosto, o núcleo da Ponte de Lóuzara, en Samos, acolle a XIV Feira de Artesanía de Samos, que contará con dous obradoiros de oficios tradicionais, en concreto de  de cestería e olaría, ao que poderán asistir as persoas interesadas.
Artesania Samos 2023 1
Artesania Samos 2023 1
16 Ago 2023

Este xoves, 17 de agosto, o núcleo da Ponte de Lóuzara, en Samos, acolle a XIV Feira de Artesanía de Samos, que contará con dous obradoiros de oficios tradicionais, en concreto de  de cestería e olaría, ao que poderán asistir as persoas interesadas.

Así, a Feira comezará ás 10.00 horas coa apertura dos postos de exposición e venda de artesanía, que incluirán, ademais, produtos gastronómicos procedentes de Samos e doutros concellos veciños.

Por outra parte, ás 13.00 horas terán lugar esas demostracións de artesanía, que teñen a colaboración da Deputación de Lugo a través do Centro de Artesanía e Deseño.

Por último, a charanga N.B.A. será a encargada de amenizar a tarde de verbena, a partir das 16.00 horas, despois de desfrutar dunha comida popular na que se contará con servizo de pulpería. Todo isto organizado polo Concello de Samos coa colaboración da Asociación Fonte da Cova.

0.087565183639526