A ponte Veiguiña de Sarria quedou partida á metade debido ás enchentes do río

SarriaXa
A ponte Veiguiña de Sarria quedou partida á metade debido ás enchentes do río
Ponte Veiguiña Sarria
24 Xan 2023

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, visitou a ponte Veiguiña Sarria para avaliar os danos ocasionados polo temporal da fin de semana pasada.

Os danos na estrutura da ponte, que na práctica limitan o tránsito e supoñen un "risco evidente" para os veciños se corresponden con que a plataforma da ponte está partida á metade debido ás enchentes rexistradas no río Sarria.

Así, o goberno local remitiralle esta semana un escrito á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) solicitando a súa reparación, xa que "ao tratarse dunha ponte situada dentro do dominio público hidráulico, correspóndelle reparala á Confederación Hidrográfica, que é quen ten as competencias para actuar nese ámbito", defendeu Garrido.

0.1287899017334