A primeira concentración de motos de Sarria Bikers comeza esta tarde e prolongarase ata o domingo

SarriaXa
A primeira concentración de motos de Sarria Bikers comeza esta tarde e prolongarase ata o domingo, cando rematarán as rutas
Sarria Bikers
Sarria Bikers
12 may 2023

A primeira concentración de motos do colectivo Sarria Bikers comeza hoxe, a partir das 16.00 horas, coa apertura das inscricións para participar nas dúas rutas propostas polo colectivo.

Coa intención de darse a coñecer e que se anime a unirse máis xente a este colectivo, ás 22.00 horas organizan unha pancetada gratis para todos os inscritos e ás 23.30 horas La Disquetera dará un concerto, seguido do DJ Miguel Cendoi.

O sábado, ás 10.00 horas, abrirase o prazo de inscricións e ás 10.30 horas terá lugar a primeira ruta moteira. Ao seu remate, ás 14.00 horas celebrarase unha sesión vermú amenizada pola charanga Festicultores.

Despois da comida, a partir das 15.30 horas haberá xogos moteiros ata as 18.30 horas, momento no que terá lugar unha exhibición moteira a cargo de Paulo Martinho no Campo da Ribela.

Xa ás 20.00 horas terá lugar a ruta de fachos e bandeiras para logo dar lugar a unha cea ás 21.30 no pavillón. Xa ás 23.00 horas os grupos musicais Sound Sisters e Grupo Arizona darán un concerto e, para rematar, DJ Miguel Cendoi pechará o día.

Por último, o domingo 14 de maio, abriranse as inscricións ás 09.00 horas para comezar a última ruta moteira ás 10.30 horas. Ás 14.00 horas terá lugar a comida no pavillón e ás 15.30 horas celebrarase un sorteo e a entrega de trofeos que finalizarán o evento.

Sarria Bikers cartel