A ruta Fiz Vergara, en Lóuzara, acolleu a visita de case 40 persoas que quixeron honrar á poeta

SarriaXa
A ruta Fiz Vergara, en Lóuzara, acolleu a visita de case 40 persoas que quixeron honrar á poeta nunha actividade
actividade Louzara, Samos
actividade Louzara, Samos
29 Maio 2023

O A Biblioteca Fiz Vergara Vilariño, o equipo de Dinamización Lingüística e Radio Bolboreta do IES Gregorio Fernández de Sarria organizaron o sábado unha visita á casa natal de Fiz Vergara, en Santalla de Lóuzara, Samos, onde honraron a memoria do poeta.

Durante a xornada, os participantes percorreron parte da ruta Fiz Vergara e visitaron lugares emblemáticos da súa vida, como o muíño, a fonte da cova ou a fevenza de Augadalte. Ademais, diante da casa natal de Fiz Vergara Vilariño, realízaronse lecturas de poemas e actuacións musicais da man da percusionista Carme López e de Xurxo Souto.

Na actividade participaron preto de 40 persoas entre profesorado, alumnado e outras persoas que desexaron asistir, como a candidata do BNG en Samos, María Jesús López, xá que o acto foi aberto a toda a cidadanía,

O IEs Gregorio Fernández , a través da súa Biblioteca, vén organizando desde hai anos visitas de alumnado e profesorado a Santalla de Lóuzara para dar a coñecer a obra e vida de Fiz Vergara e sempre coa idea de fortalecer a demanda de dedicarlle un Día das Letras Galegas.

actividade Louzara, Samos 2
0.17831587791443