Mañá sábado celébrase na sala Buril un concerto de Soul of Anubis

SarriaXa
A sala Buril do concello de Sarria acollerá mañá sábado a actuación de Soul of Anubis e o concerto da Banda de Música de Sarria
soul of anubis buril sarria
soul of anubis buril sarria
9 Dec 2022

Na sala Buril situada na Travesía Mueblenorte da vila de Sarria, celebrarase mañá sábado un concerto da banda de metal portugués Soul of Anubis que pechan a súa xira por España e Francia. Soul of Anubis estará acompañado polos leoneses Black Bomber Band, un grupo de rock&roll que presenta o seu traballo Blacklisted, e polo lucense Captain Trasho.

O bolo dará comezo ás 22.00 horas e a entrada será de seis euros en apoio ós grupos participantes.

Soul of Anubis

Este dúo composto por Rui Silva á batería e Hugo Ferrão á guitarra e voz, pecha agora durante este mes de decembro o ciclo promocional do seu segundo disco de longa duración.

Soul of Anubis é unha banda que editou no ano 2019  The Last Journey, traballo que sucedeu a Alone e The Monster Among Us -álbumes de 2015 e 2016 respectivamente-.

Esta banda de metal con grandes influencias do sludge e o doom, ten un son ideal para os afeccionados de High on Fire, The Black Cobra ou Horn of the Rhino.

Banda de Música de Sarria

Por outro lado, a Banda de Música de Sarria dará tamén o seu tradicional concerto de Santa Cecilia na tarde do sábado ás 20.00 horas, na Igrexa Nosa Señora do Rosario, para todos aqueles interesados en asistir.

buril sarria
0.16937804222107