A SD O Páramo ascende a Segunda Autonómica e segue animando á afección a apoialos nos partidos

SarriaXa
O equipo do SD O Páramo está a piques de conseguir o seu ascenso á categoría de Segunda Rexional de Galicia despois de volver gañar outro partido, neste caso contra o Relámpago Taboada ao marcarlle tres tantos.
O Páramo SD equipo
O Páramo SD equipo
19 Feb 2024

O equipo do SD O Páramo está a piques de conseguir o seu ascenso á categoría de Segunda Rexional de Galicia despois de volver gañar outro partido, neste caso contra o Relámpago Taboada ao marcarlle tres tantos.

Esta vitoria fai que sumen un total de 49 puntos, polo que só lles falta un para conseguir o ascendo matemático a segunda autonómica. Ademais, a derrota do Sober contra a Sarriana B foi determinante para que os do Páramo consigan converterse en líderes indiscutibles.

Desde o equipo, aínda con esta situación tan favorable, seguen centrados no xogo e animan a todos os afeccionados a acompañar o equipo que xoga o vindeiro sábado no campo do equipo filial da SD Monterroso, cuxa victoria fará que o ascenso quede demostrado.

0.17180585861206