A SD Sarriana confirma as continuidades e fichaxes no primeiro equipo na súa estrea en 3ª RFEF

A SD Sarriana vén de confirmar varios xogadores que continuarán formando parte do cadro do primeiro equipo, que competirá esta tempada en 3ª RFEF baixo a dirección de Alberto Mariano.
O primeiro nome anunciado é o de Carlos Dono, que sube desde o filial para incorporarse ao primeiro equipo como xogador a todos os efectos. Tras debutar a pasada tempada co conxunto sénior, esta será a súa primeira campaña como integrante pleno do plantel, nunha mostra clara da aposta do club polos xogadores formados na casa e polo talento da comarca.
O club tamén confirmou a continuidade de Keko e Jacobo, dous futbolistas considerados fundamentais na historia recente da Sarriana e no camiño que levou á entidade a acadar logros destacados nos últimos anos. Ambos seguirán defendendo a camiseta do 27600 unha tempada máis, co obxectivo de seguir sumando capítulos relevantes á traxectoria do equipo.
Así mesmo, Arona continuará formando parte do proxecto deportivo. Considerado unha das figuras máis destacadas do club e xa integrado plenamente na identidade da Sarriana, seguirá sendo unha das referencias do equipo pola súa velocidade e calidade na banda da Ribela.
Con respecto as fichaxes, Álvaro Uriarte, centrocampista vasco, é a primeira fichaxe da Sarriana na nova etapa na Terceira RFEF. Chega desde Viveiro, onde se converteu en todo un fixo con máis de 2.900 minutos e 33 titularidades.
A segunda fichaxe é Iago López, defensor monfortino, que aportará a súa gran experiencia á zaga da Ribela. Equipos como Fabril, Lemos, Bergantiños, Barco ou Montañeros desfrutaron do seu auténtico incombustible.