A SD Sarriana convoca eleccións á Presidencia do club

SarriaXa
O actual presidente, Manuel Sangil, optará á reelección tras o descenso a Segunda RFEF
campo-A-Ribela-SD-Sarriana-(1)
5 Jun 2026

A Sociedade Deportiva Sarriana celebrou unha asemblea extraordinaria na que se oficializou a apertura do proceso electoral para a presidencia do club. A entidade establece que as persoas interesadas en presentar candidatura deberán enviar un correo electrónico ao enderezo futbolsarria@gmail.com antes do martes 9 de xuño ás 23:59 horas.

No caso de rexistrarse máis dunha candidatura, as eleccións desenvolveranse o venres 19 de xuño ao longo de toda a xornada, nun proceso no que a masa social do club será chamada a decidir a nova dirección da entidade.

O actual presidente, Manuel Sangil, confirmou que se presentará á reelección. O dirixente repasou a situación recente do club e destacou que a tempada foi complicada, marcada polo descenso do primeiro equipo de Segunda RFEF a Terceira.

Sangil lembrou tamén que o club viviu unha etapa histórica, competindo en escenarios de gran nivel e conseguindo unha visibilidade importante a nivel estatal. Segundo explicou, o obxectivo agora pasa por reconstruír o proxecto deportivo e tentar regresar á Segunda RFEF cun equipo competitivo.

O presidente avanzou que este novo ciclo, de ser revalidado, sería o seu último ao fronte da entidade, tras unha etapa que se prolonga desde 2018 e que se estendería ata completar doce anos de vinculación co club.

Tamén sinalou que están traballando en diferentes aspectos de futuro, incluíndo a planificación deportiva con posibles incorporacións e a elección dun novo adestrador e varias fichaxes.

Ademais, indicou que esta próxima pretempada podería verse afectada polas obras previstas no estadio da Ribela, o que suporá ao equipo vais adestrar en agosto fóra de Sarria para non interferir nos traballos.

0.12070083618164