A SD Sarriana pon en marcha unha nova Escola de Tecnificación específica para benxamíns e alevíns

A SD Sarriana pon en marcha unha nova Escola de Tecnificación específica para xogadores e xogadoras das categorías benxamín e alevín, unha iniciativa destinada a reforzar a formación deportiva dos máis novos e novas a través dun traballo específico e adaptado ás súas necesidades.
As sesións levaranse a cabo durante as tardes dos venres e estarán centradas na mellora das habilidades técnicas e tácticas, así como no desenvolvemento individual de cada futbolista, fomentando valores como o esforzo, a disciplina e a aprendizaxe.
A iniciativa estará dirixida por Iván Noé e busca ofrecer aos participantes unha oportunidade para seguir medrando como futbolistas nun ambiente de traballo, ilusión e compañeirismo.
As persoas interesadas en recibir máis información ou formalizar a inscrición poden contactar con Iván Noé no teléfono **616 098 612**.
**A SD Sarriana continúa apostando pola formación e o desenvolvemento dos seus xogadores e xogadoras desde as categorías de base.**