A SD Sarriana presentará todos os seus equipos este domingo no campo da Ribela

A SD Sarriana celebrará este domingo, 8 de novembro, a presentación oficial de todos os equipos do club para a nova tempada. O acto terá lugar no campo de fútbol municipal da Ribela, en Sarria, e reunirá os xogadores das distintas categorías da entidade.
A presentación desenvolverase ao rematar o partido do equipo sénior A, nunha xornada na que o club dará protagonismo aos seus equipos e aos futbolistas que forman parte da estrutura deportiva da Sarriana.
Deste xeito, a entidade convida á afección, ás familias e á veciñanza a achegarse ata A Ribela para acompañar os xogadores nunha cita que busca reunir a toda a familia do club.