A SD Sarriana promove unha nova actividade deportiva para porteiros

SarriaXa
A “Escola de Porteiros César Pirot” ofrecerá adestramentos específicos para mellorar a técnica, a táctica e o desenvolvemento mental dos gardametas
A-Ribela-Sarriana-2
30 Sep 2026

A SD Sarriana pon en marcha unha nova proposta deportiva destinada aos porteiros e porteiras de todas as categorías. Trátase da Escola de Porteiros César Pirot, unha iniciativa centrada no adestramento específico e no desenvolvemento integral dos gardametas.

A escola ofrecerá adestramentos específicos para porteiros, con traballo orientado á mellora da técnica e da comprensión táctica, así como ao desenvolvemento mental necesario para afrontar as diferentes situacións que se producen baixo paus.

A proposta inclúe tamén un traballo baseado na disciplina, a evolución e o acompañamento de expertos, buscando que os participantes poidan progresar independentemente da súa categoría ou nivel.

A actividade terá un prezo mensual de 25 euros e estará aberta a porteiros e porteiras de todas as categorías. A organización destaca ademais a importancia de combinar o traballo e o esforzo coa experiencia competitiva, nunha formación pensada para preparar os gardametas de cara ao futuro.

As persoas interesadas en recibir información ou formalizar a inscrición poden contactar con César (692 400 628) ou Álex (682 930 763).

0.15155696868896