A SD Sarriana sufre a súa primeira derrota en liga

SarriaXa
A SD Sarriana rompeu no día de onte a súa racha de vitorias, despois de caer derrotado contra o Atlético Montañeros na Grela.
sarriana
sarriana
1 Nov 2021

A SD Sarriana rompeu no día de onte a súa racha de vitorias, despois de caer derrotado contra o Atlético Montañeros no estadio municipal da Grela. O equipo sarriao comezou a liga de forma constante e con cinco vitorias consecutivas, grazas ás cales se situaba de primeiro na clasificación seguido moi de preto polo Atlético Montañeros, equipo co que perdeu esta pasada fin de semana.

Así pois, na primeira xornada gañou ante o Galicia Mugardos por dous goles a un, na segunda ao Lemos por dous goles, na terceira por tres goles a cero ante o Ribadeo e na quinta e na sexta por un gol a cero ante a SD Residencia e o San Tirso respectivamente. Unha boa racha que rompeu o equipo que actualmente lidera a clasificación tras non perder ningún partido ata o de agora.

Con este resultado no que a Sarriana perdeu por dous goles a un, queda na clasificación na terceira posición con 15 puntos, ao igual que o segundo clasificado, o Betanzos. Un punto por encima atópase o Atlético Montañeros que tan só empatou un partido contra o Betanzos. Desta maneira, o equipo sarriao continúa coa súa loita e co obxectivo de conseguir o ascenso esta tempada.

sarriana futbol deporte
0.076746940612793