A Sociedade Cultural La Unión de Sarria acolle unha charla sobre seguridade

SarriaXa
Esta actividade, posta en marcha desde o Goberno de España, será aberta a toda a sociedade e terá lugar o vindeiro día 29 de novembro
Sociedad-La-Unión-Sarria
22 Nov 2024

A Sociedade Cultural La Unión de Sarria acollerá o vindeiro venres, 29 de novembro, unha charla informativa sobre seguridade.

Esta actividade, posta en marcha desde o Goberno de España, será aberta a toda a sociedade e terá lugar a partir das 20.00 horas.

Durante a formación, as persoas que acudan a esta, poderán aprender as precaucións que deben tomar cando imos pola rúa, á saída dos bancos, seguridade viaria, previr riscos en internet cando fan compras ou coñecer xente, que medidas tomar ante a desaparición dunha persoa maior, a seguridade nas vivendas, nos roubos, malos tratos, etc.

0.1365978717804