A unidade móbil de inspección de vehículos agrícolas prestará servizo en Samos

O Concello de Samos informou da chegada ao municipio da unidade móbil de inspección de vehículos agrícolas, que prestará servizo durante varios días do mes de marzo para facilitar a revisión deste tipo de maquinaria á veciñanza.
Segundo o bando municipal, o servizo desenvolverase os días 16, 17, 18, 23 e 24 de marzo de 2026 en dúas localizacións do concello, concretamente en Castroncán e na vila de Samos, en horario de mañá e, nalgúns casos, tamén pola tarde.
En Castroncán, a unidade móbil estará dispoñible o día 16 de marzo en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas, mentres que o día 17 de marzo prestará servizo unicamente pola mañá, entre as 9:00 e as 13:30 horas.
Pola súa banda, en Samos a inspección realizarase o día 18 de marzo de 9:00 a 13:30 horas. O día 23 de marzo ofrecerase servizo en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas, e tamén pola tarde, entre as 15:15 e as 18:00 horas. Finalmente, o día 24 de marzo a unidade móbil atenderá en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas.
As persoas interesadas en realizar a inspección deberán solicitar cita previa no teléfono 981 928080 ou a través da páxina web www.sycitv.comno apartado de cita previa. No caso de non atopar dispoñibilidade na web, recoméndase contactar directamente co teléfono de cita previa para tramitar a reserva.