A Unión de Sarria celebra un xantar para despedir o verán
SarriaXa
A Sociedade Cultural A Unión de Sarria organiza o vindeiro sábado 28 de agosto un xantar de despedida do verán.
23 Aug 2021
A Sociedade Cultural A Unión de Sarria organiza o vindeiro sábado 28 de agosto un xantar de despedida do verán. Desta maneira, a xornada contará cunha sesión vermú que comezará ás 13 horas e que virá da man do dúo Lorena Do Val e Gonzalo Herrero.
O xantar será ás 14.30 horas e terá un custo de 25 euros. Así mesmo, poderase reservar praza ata o xoves 26 de agosto. Xa pola tarde, a xornada encherase de música coa actuación de Xabier Vizcaíno ás 19.30 horas.
O músico do Incio pechará unha xornada de ocio e lecer que contará con diferentes actuacións de música e cun ambiente festivo e especial.