A Unión de Sarria recupera o cine de verán cunha nova sesión ao aire libre este venres

SarriaXa
A actividade celebrarase o 3 de xullo ás 22:30 horas cunha proxección gratuíta pensada para todos os públicos
sarria-sociedade-la-union
3 Jul 2026

A Sociedade Cultural A Unión de Sarria volverá apostar este verán polo cine ao aire libre cunha nova sesión programada para este venres 3 de xullo.

A iniciativa, de entrada gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas. regresa cunha proposta pensada para reunir familias e grupos de amigos nunha noite diferente marcada polo entretemento e o ambiente estival.

A proxección comezará ás 22:30 horas nas instalacións da Sociedade Cultural A Unión e estará dirixida a espectadores de todas as idades, cunha película apta para todos os públicos.

Desde a organización destacan que a actividade busca converterse nun espazo de encontro e lecer compartido baixo o ceo nocturno, recuperando unha proposta xa habitual na programación de verán da entidade.

Ademais, recoméndase ás persoas asistentes levar unha manta para maior comodidade no caso de que as temperaturas descendan durante a noite.

0.11995100975037