A Verbena Fest celebra a súa VI edición este vindeiro 3 de agosto en Sarria

Os organizadores do Verbena Fest de Sarria xa están preparando a VI edición do seu festival, que terá lugar este verán, concretamente o 3 de agosto.
Durante o primeiro sábado de agosto, as persoas interesadas poderán desfrutar da música en directo de artistas recoñecidos, como o xa confirmado Grande Amore, o grupo Carlangas y los cubatas, a Louband e Grande Osso.
Así, son catro as confirmacións ata o de agora, aínda que o festival contará tamén con sesión vermú, postos de gastronomía local, mercados artesanais, mercados solidarios e actividades para os cativos.