A Verbena Fest celebra a súa VI edición este vindeiro 3 de agosto en Sarria

SarriaXa
Xa son catro artistas e grupos os confirmados para actuar durante a xornada, que ademais de música acollerá outras actividades
A-Verbena-Fest
A-Verbena-Fest
18 Xuño 2024

Os organizadores do Verbena Fest de Sarria xa están preparando a VI edición do seu festival, que terá lugar este verán, concretamente o 3 de agosto.

Durante o primeiro sábado de agosto, as persoas interesadas poderán desfrutar da música en directo de artistas recoñecidos, como o xa confirmado Grande Amore, o grupo Carlangas y los cubatas, a Louband e Grande Osso.

Así, son catro as confirmacións ata o de agora, aínda que o festival contará tamén con sesión vermú, postos de gastronomía local, mercados artesanais, mercados solidarios e actividades para os cativos.

0.1697998046875