A Verbena Fest incorpora a SAHA & RYU e a Taïn ao cartel da súa oitava edición

SarriaXa
A formación sarriá volverá actuar no festival os días 31 de xullo e 1 de agosto cun directo acompañado por Chechu e Mace
Oscar-Luis-Xardin-das-Fadas-Sarria
3 Jul 2026

O Festival Verbena Fest, que se celebrará en Sarria os días 31 de xullo e 1 de agosto, continúa ampliando a programación da súa edición de verán coa incorporación dun novo nome ao cartel. A organización confirmou o regreso de SAHA & RYU, unha formación local que volverá subir ao escenario nunha nova cita co público da vila.

O grupo regresará á oitava edición do festival acompañado novamente por Chechu aos pratos e Mace nos instrumentos de vento, nun espectáculo que promete combinar forza, ritmo e personalidade sobre o escenario.

Desde a organización destacan que se trata dun proxecto musical que continúa evolucionando e consolidando a súa presenza, converténdose nun dos nomes que repite na programación do evento. O retorno da formación supón ademais unha nova oportunidade para actuar diante do público da súa propia localidade.

Tamén estará Taïn, que deu un xiro á súa carreira para atopar un son máis persoal e auténtico. Este verán chega á Verbena Fest para presentar Amor Subterráneo, un directo cargado de emoción, enerxía e cancións que xa conquistaron a miles de seguidores.

Co lema de que “o 27600 volverá soar no Meigallo”, a banda afronta esta nova participación cun directo que buscará ofrecer unha proposta intensa, renovada e cargada de enerxía para os asistentes ao festival.

0.11387205123901