A vila de Sarria acollerá o 25N unha charla coloquio
Este venres día 25 co gallo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, terá lugar na vila de Sarria a partir das 19.00 horas a charla coloquio Profesionais ao servizo da convivencia sen violencia.
O Salón de Sesións da Casa da Cultura do municipio acollerá esta charla coloquio que se desenvolverá a partir das 19.00 horas. Comezará coa recepción dos asistentes e posteriormente terá lugar a benvida e presentación da charla a cargo da concelleira de Muller e Igualdade, Mª Eugenia Valcárcel López e do alcalde do concello, Claudio Garrido Martínez.
Ás 19.30 horas comezará a charla na que intervirán os seguintes ponentes: Javier Hernández e Jose Ramón Boo (gardas civís pertencentes ó Equipo de Violencia de Xénero da Compañía de Monforte de Lemos), Covadonga González López (letrada ICA Lugo, colexiada que exerce no Colexio de Avogados de Lugo e está adscrita á quenda de Violencia de Xénero) e Sergio Orduña Alonso (maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Violencia de Xénero de Lugo).