A XIV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio foi todo un éxito

SarriaXa
Ademais dos visitantes, tamén se achegaron á Feira o alcalde do Incio, Héctor Corujo, quen acompañou ao director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén
Feira-da-Artesanía-do-Incio
23 Aug 2024

O Incio acolleu a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Terra coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia e da Xunta de Galicia, á que se achegaron decenas de persoas para desfrutar das actividades.

Así, houbo postos de Artesanía de Galicia e expositores da zona que venderon produtos típicos, relacionados coa xoiería, bixutería, coiro, complementos de moda, cestería, cerería, forxa e xoguetes.

En concreto, expuxeron as súas creacións Miudiño (Vigo), Riomao estudio (A Teixeira), Rocigarcía (Betanzos), María Jul (Cervo), Péndulo Complementos (Burela), Luciérnaga coiro (Barbadás), María Carmen Otero Folgueira (A Pastoriza) e J. Eiroa Forxa (Culleredo).

No ámbito cultural, Macizas Centrais, a Louband e Carta de Ajuste amenizaron a xornada coa súa música e a Furgoteca trouxo a Xoán Curiel, que protagonizou un espectáculo musical para nenos e nenas e maiores que animou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Terra.

Tamén, a través da Fundación Artesanía de Galicia, houbo dous obradoiros gratuítos para todos os públicos especializados en pintura sobre tecido e gyotaku e impartidos polos artesáns María José Martínez e José Carrera do obradoiro Peixesapop, así como por Leonor do obradoiro Como pez en el agua.

Ademais dos visitantes, tamén se achegaron á Feira o alcalde do Incio, Héctor Corujo, quen acompañou ao director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, na súa visita polos distintos postos dispostos nas rúas.

0.11755013465881