A XIV Ruta 4X4 da comarca de Sarria xa ten data: será do 20 ao 22 de novembro

A XIV Ruta 4X4 da comarca de Sarria xa ten data. A cita, organizada polo colectivo Os Carro X Catro Sarria, celebrarase os días 20, 21 e 22 de novembro e volverá reunir aos amantes do motor nunha fin de semana dedicada aos vehículos todoterreo.
Na ruta poderán participar todoterreos, buggies, quads e motos, que percorrerán diferentes concellos da comarca de Sarria. A organización prevé congregar arredor de 400 vehículos, ademais de numerosos afeccionados que se achegarán para desfrutar de dous días de actividade vinculada ao mundo do motor.
Nas edicións anteriores, a programación tamén incluíu actividades previas destinadas aos menores de 14 anos. Entre elas destacaron as probas celebradas no Polígono do Morelle, que permitiron aos máis novos achegarse ao mundo do todoterreo antes da celebración da ruta.
Polo momento, aínda non se coñecen as novidades nin o programa completo desta XIV edición. Os amantes do motor da comarca xa permanecen pendentes das próximas informacións que dea a coñecer Os Carro X Catro Sarria sobre a convocatoria.