A Xunta de Galicia aprobará o plan básico do Concello de Samos de maneira inicial

SarriaXa
Así, o plan básico municipal supera a avaliación ambiental pero atendendo a unha serie de condicionantes que deberá cumprir
Concello-de-Samos
17 Jul 2024

A Xunta de Galicia aprobará o plan básico do Concello de Samos de maneira inicial despois de emitir o informe ambiental estatéxico por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se establece que dito plan non ten efectos significativos se se atenden ás condicións establecidas.

Así, o plan básico municipal supera a avaliación ambiental, atendendo a que no solo urbano de Samos deberán respectarse as limitación saos usos en zona inundable e coa recomendación de buscar solución para minimizar o impacto visual das medianeiras. Ademais, tamén recolle a prevención de medidas necesarias para evitar a aparición de novas edificacións discordantes coa arquitectura tradicional e reforzar as medidas de integración paisaxística.

Por outra banda, a Xunta de Galicia suxire integrar unha masa arbórea de coto redondo e outros 39 elementos forestais, a Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e do Courel, os elementos do rexistro de zonas protexidas do plan hidrolóxico do Miño-Sil e unhas sendas panorámicas.

Ademais, deberán completar o catálogo de bens do patrimonio cultural e adaptar a normativa e ordenanzas do plan básico municipal ás características particulares do Concello.

Despois disto, o seguinte paso é a tramitación do plan, para o que o equipo redactor do documento avaliará e analizará o resultado das consultas do trámite ambiental e integrará as condición do informe no documento para despois proceder á súa aprobación, someténdoo a información pública durante dous meses, nos que os interesados poderán presentar alegacións.

Mentres, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruras solicitará ás administracións os informes sectoriais preceptivos para recabar á aprobación definitiva, e outro ao propio Concello de Samos. Xa, unha vez dado o visto bo da xunta consultiva en materia de ordenación de territorio, será aprobado definitivamente pola Consellería.

0.15224885940552