A Xunta de Galicia colabora coas festas patronais de Oural, en Sarria
SarriaXa
Os actos relixiosos celebraranse o domingo na igrexa de Oural e o luns na de San Xulián de Chorente
19 Xul 2024
A Xunta de Galicia colabora coas festas patronais de Oural, en Sarria, que se celebran na honra de San Xosé Obrero.
Comezan este sábado coa verbena a partir das 23.00 horas cunha charanga e discoteca móbil, e prolongaranse ata o día 22.
Os actos relixiosos celebraranse o domingo na igrexa de Oural e o luns na de San Xulián de Chorente.
Ambos días haberá tamén verbena pola noite, no primeiro caso coas actuacións de Punto Clave e Costa Dorada e, para pechar os festexos, Mar de Arousa e Grupo Cañón.