A Xunta de Galicia financia a construción dunha senda peonil en Renche

SarriaXa
La Xunta de Galicia financia con 14.500 euros la construcción de un camino peatonal en Renche una parroquia de Samos.
paseo renche samos
9 Dec 2021

A Xunta de Galicia financia con 14.500 euros a construción dunha senda peonil no núcleo samonense de Renche, situado nas inmediacións do Camiño Francés e integrado no itinerario da EuroVelo 3, a ruta ciclista de peregrinación ata Compostela.

A Axencia de Turismo de Galicia subvenciona o 100% deste investimento con cargo á orde de axudas a concellos de menos de 10.000 habitantes para accións de mellora de infraestruturas turísticas.

A actuación consistiu na execución dun camiño peonil anexo á marxe dereita da estrada LU-633 no acceso ao lugar de Renche, onde está a igrexa parroquial e outros servizos de interese.

Proxectouse unha senda de zahorra artificial cunha anchura de 1,15 metros. Para protexer aos viandantes de posibles caídas colocouse un valo de madeira. Así mesmo, reforzouse a iluminación coa instalación de farolas ao longo do paseo, das mesmas características que as que había na contorna.

0.1194748878479