A Xunta e o Concello do Páramo valoran distintos proxectos de interese municipal
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Páramo, José Luis López, para seguir impulsando conxuntamente distintos proxectos de interese municipal que competen a ambas administracións.
Entre últimas colaboracións entre o Goberno galego e o Concello do Páramo, Arias destacou o recente acordo de adhesión ao programa Xantar na Casa ou a concesión de 23.800 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste ano para investir nun vehículo.
No marco da colaboración entre Xunta e Concello, serán os servizos sociais municipais os que se encargarán de seleccionar aos beneficiarios do programa Xantar na Casa que recibirán no seus fogares o menú para os sete días das semana, festivos incluídos. Pola súa banda, a Xunta financiará o 50 % do custo da comida, mentres que a outra metade correrá a cargo do concello e dos usuarios a partes iguais.