A XXVII Festa dos Avós do Concello do Páramo desenvolverase o vindeiro 25 de maio

SarriaXa

O vindeiro 25 de maio o Concello do Páramo celebra a XXVII Festa dos Avós, que acollerá unha misa ás 12.

Campo da feira O Paramo 5
Campo da feira O Paramo 5
11 may 2024

O vindeiro 25 de maio o Concello do Páramo celebra a XXVII Festa dos Avós, que acollerá unha misa ás 12.30 horas no Campo da Feira e un xantar no polideportivo municipal.

Esta festa está dirixida a todas as persoas maiores de 65 anos e aos seus cónxugues e persoas xubiladas. Os que non estean empadronados no Concello, deberán pagar un custo de 34 euros por participar da actividade.

Desde o Concello informan de que, por motivos de organización, é moi importante que se comunique a presenza inscribíndose ao evento nas oficinas municipais antes do vindeiro 20 de maio.