Aberto o prazo de inscrición nos cursos de natación da piscina climatizada de Sarria

SarriaXa
A piscina climatizada da vila de Sarria disporá neste mes de decembro dun ximnasio no que realizar cardio ou exercicios de tonificación
piscina sarria
piscina sarria
14 sep 2023

A veciñanza de Sarria poderá desfrutar a partir deste mes dos cursos de natación. Así, está aberto o prazo de inscrición ata o 25 de setembro.

As persoas interesadas deberán achegarse ata o centro deportivo para anotarse no horario máis axeitado.

As piscinas recuperan o seu horario habitual de inverno no que abren de luns a venres de 7.30 a 12.30 e de 17.00 a 22.00 horas. Os sábados de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas mentras que domingo e festivos será só de mañá de 9.00 a 14.00 horas.

0.14116907119751