Aberto o procedemento para a contratación dos servizos das piscinas municipais de Sarria

SarriaXa
El ayuntamiento de Sarria abre el procedimiento para la licitación de la contratación de los Servicios de las Piscinas Municipales.
piscina climatizada sarria
piscina climatizada sarria
11 Dec 2021

O Concello de Sarria abre o procedemento para a contratación dos Servizos das Piscinas Municipais Cubertas e Descubertas do Concello.

Despois da situación pandémica o Concello considera preciso a reapertura e nova posta en funcionamento das instalacións da piscina climatizada do concello coa finalidade de dar un servizo ampliamente demandado pola cidadanía. Isto viuse demostrado na etapa anterior que, con carácter transitorio e de xeito experimental se atopou en funcionamento, na que se desenvolveu actividade, e que se tivo que paralizar polas dificultades derivadas da pandemia.

Desta forma, estarase a promover a educación física a través de diferentes tipos de actividades deportivas, centradas en diferentes perfiles de usuarios; desde actividades deportivas de iniciación a natación centrada na idade infantil, actividades educativo-deportivas inculcando una serie de valores positivos e estilos de vida saudables, actividades de natación de mellora técnica a un nivel o deporte con outro tipo de actividades físicas ou deportivas que se poden levar a cabo nas mesmas instalacións como a natación terapéutica, natación para mulleres embarazadas, para persoas en idade avanzada, e outro tipo de actividades como ioga, pilates, actividades de baile, traballo de entrenamento funcional, ciclismo indoor, etc.

A natureza das actividades que se desenvolven en dita instalación conleva unha amplia variedade de prestacións (mantemento das instalacións e os seus equipamento, subministracións de combustibles para o funcionamento dos equipos de , controis de acceso ás instalacións de calefacción e auga quente, servizos de monitorización e socorrismo) que fai que sexa moi difícil asumir os custes polos propios medios da Entidade. Ademais, de proceder á contratación de persoal especializado e dos medios a empresa deberá asumir a xestión integral tanto da piscina cuberta como as descubertas de verán, na que se abranguen os servizos de socorrismo acuático e a impartición dos cursos de natación de verán.

O prazo de duración do contrato será inicialmente de dous anos podendo prorrogarse un máis.

0.16545915603638