Abren as piscinas exteriores municipais de Sarria para o desfrute da veciñanza

SarriaXa
Hoxe haberá unha xornada de portas abertas para que se achegue a desfrutar da piscina de forma gratuíta quen queira
piscina-Sarria
piscina-Sarria
27 Xuño 2024

O Concello de Sarria anuncia que a tempada de verán das piscinas exteriores da vila comeza hoxe, xoves, cunha xornada de portas abertas.

O recinto estará operativo en horario de 12.00 a 21.00 horas para que toda a veciñanza desfrute delas e a vindeira semana iniciaranse os diferentes cursos programados.

Para a xente que aínda non ten o seu carné para ir á piscina este verán, pódese achegar á recepción do Centro Deportivo e de Saúde Sarria co Libro de Familia e o carné antigo ou unha foto de carné.

0.16431403160095