Actuacións musicais coma protagonistas no San Xoán de Sarria
As festas de San Xoán de Sarria, que se celebrarán entre o mércores 23 de xuño e o domingo 27 de xuño, veñen cargadas de actuacións musicais de grupos da vila, así coma espectáculos e outras actividades. O formato, definido dende o Concello de Sarria coma sinxelo e similar ao do ano pasado, ampliará as actividades durante os cinco días que duran os festexos.
Así pois, as festas contarán con pasarrúas, grupos de música de Sarria e actividades que se van a desenvolver, na súa maior parte, na rúa, para conseguir uns festexos sinxelos e sen riscos de aglomeración. As actuacións realizaranse en distintos puntos da vila co fin de chegar á maioría de barrios para que todos os veciños e veciñas vivan un ambiente festivo.
O inicio das festas terá lugar o día 23 ás 19.30 horas e estará a cargo de Tambukada xunto co desfile das Pampónigas. Xa pola noite, ás 21.30, Por mi swing ofrecerá un concerto na praza da vila.
O día do patrón os pasarrúas, que comezarán ás 11 horas, virán a cargo da banda de música de Sarria, de Meigas e Trasgos e de Swinging Flamingos Marching Band. Ás 13 horas será o turno da sesión vermú que se levará a cabo na praza de Juan María López coa actuación de Dous Bos e na asociación La Unión, na que haberá que facer unha reserva previa. Chegada a tarde, as actuacións continúan a cargo de Malditos Roedores que tocará na rúa Calvo Sotelo e Airiños da Freba que o fará na Unión (novamente reserva previa). O día finalizará coa actuación de Taninos Maduros na praza da vila.
O venres 25 a festa comezará ás 13 horas no paseo do Malecón cunha sesión vermú que estará a cargo de Saint Johns Swing Band. Xa pola tarde, a maxia chegará a Sarria coa actuación Mira el Coyote de Roberto Lolo, que fará un pase ás 17.30 horas e outro ás 20.30 horas. Xa para finalizar, Man de Santo ofrecerá un concerto na praza da vila ás 21.30 horas.
O sábado 26 de xuño será o turno de Peleriños e Dixie Blinders que sairán á rúa ás 12 e as 13 horas, respectivamente. A sesión vermú celebrarase en dous escenarios diferentes para que a distancia de seguridade e o número de persoas non sexa un problema. Así pois, por un lado actuará Contrabajo & Voz, no cruce rúa Fernando de Catro coa rúa Ínsuas; e por outro, no parque do Chanto actuará Carta de Ajuste.
Chegadas ás 19 horas o ambiente será amenizado polo grupo Proyecto Valley, no cruce da Estación e virá seguido do concerto de Sound Sisters na praza da vila ás 23 horas. Así mesmo, hai que destacar que ás 21.30 dará comezo a II edición do Sarria Sorrí cunha actuación de Miguel Lago no Meigallo.
Xa para finalizar, o domingo 27 a xornada estará amenizada polas actuacións musicais dos grupos sarriaos Louband -na praza da Constitución e no campo da Feira-, Lioness Treasure -na rúa Xela Arias-, Mustélidos -na rúa Ramón Cabanillas-, Peleriños e o concerto de Eloi Caldeiro ás 21.30 horas.