Álex Camba coroouse campión do Open Rankeable Nacional de Madrid

SarriaXa
O adestrador da AC Taekwondo de Sarria e profesional do taekwondo conseguiu clasificarse ao campionato do mundo de Hong Kong en 2 categorías
Open-Rankeable-Nacional-taekwondo-Alex-Losada
Open-Rankeable-Nacional-taekwondo-Alex-Losada
17 Xuño 2024

Esta fin de semana celebrouse no pavillón municipal de Gallur en Madrid o Open Rankeable Nacional de Madrid, o último torneo da tempada, no que estivo a escola AC Taekwondo Sarria con dous dos seus integrantes: Mateo Fernández, en júnior individual, e polo profesor Álex Camba, en sénior 1 individual.

Pola parte de Mateo, logrou pasar á final, pero non conseguiu subir a podio. "É un campionato que a pesar de non lograr medalla serviralle a Mateo como aprendizaxe de fronte ao futuro", explica o seu adestrador.

Pola parte do profesor da escola, Álex Camba, este chegaba ao campionato con opcións de clasificar ao campionato do mundo noutra categoría. Xa estaba clasificado en trío con Marco e Carlos do club neka de Monforte, pero esta vez buscaba a clasificación en individual, e así foi. Álex gañou todas as roldas da competición e coroouse como campión do open de Madrid. Este campionato proporciónalle os suficientes puntos para ser o número 1 de clasificación nacional e clasificar ao campionato do mundo de Hong Kong en 2 categorías.

"Desde o club estamos moi contentos de pechar esta primeira tempada de vida cuns resultados así , que nos permiten facernos notar entre os mellores clubs de España e levar o nome de Sarria por todo o panorama nacional e proximamente mundial", concluíu o adestrador.

0.16252398490906