Álex Losada, da AC Taekwondo Sarria, incorpórase ao equipo de deportistas de Mooto España

SarriaXa
O adestrador formará parte deste equipo xunto coa súa compañeira Laura, os dous únicos representantes de España na modalidade de taekwondo
Mooto-Teams-Alex-Losada
12 Oct 2026

Alex, adestrador da AC Taekwondo Sarria, comezou esta semana unha nova etapa deportiva ao incorporarse ao equipo de Mooto España como deportista de taekwondo.

O sarrián compartirá esta experiencia coa súa compañeira Laura, coa que se converterá nun dos dous deportistas de España que forman parte deste equipo nesta modalidade.

A incorporación supón un recoñecemento á súa traxectoria deportiva e unha nova oportunidade para afrontar os retos e eventos previstos para esta tempada. Desde a AC Taekwondo Sarria amosaron o seu orgullo por esta nova etapa, que permitirá a Alex continuar desenvolvendo a súa actividade deportiva vinculado a este equipo.

0.16076493263245