Almudena Cid protagonizou unha xornada de ximnasia rítmica co Club Xirandela en Sarria

SarriaXa
Almudena Cid acudiu á vila de Sarria con motivo da celebración dos 25 anos do Club Xirandela, mostrando as súas aptitudes na rítmica
Masterclass-Almudena-Cid-Club-Xirandela-Sarria
24 Nov 2024

A ximnasta recoñecida internacionalmente, Almudena Cid, impartiu unha masterclass de ximnasia rítmica especial para as profesionais deste deporte do Club Xirandela de Sarria, na que participaron 66 persoas.

Nunha xornada, que desde o club de ximnasia rítmica sarriao definen como "todo un éxito", Almudena Cid acudiu á vila de Sarria con motivo da celebración dos 25 anos do Club Xirandela, mostrando as súas aptitudes na rítmica, xa que gañou oito campionatos de España no concurso xeral da categoría de honra.

Todo comezou ás 9.30 horas deste sábado, 23 de novembro, co acceso e acreditación das ximnastas, ás 10.00 horas comezou o quentamento, de 10.30 a 12.00 horas houbo adestramento con pelota, logo preparouse o baile grupal e ás 12.30 horas déuselle paso aos pais e nais para desenvolver a exhibición e a charla, para finalizar a xornada cun sorte de agasallos e entrega de obsequios, así como Almudena Cid fixo fotos e firmou aos seus fans.

0.14364814758301