Anuncian novas obras no colexio Frei Luís de Granada de Sarria

SarriaXa
Prevese un investimento de 200.000 euros para acometer o peche perimetral do patio e a renovación da cuberta da pista deportiva
obras-colexio-frei-luis-de-granada
1 Nov 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o Colexio Frei Luís de Granada, en Sarria, para anunciar melloras no centro. En concreto, o titular do departamento educativo da Xunta explicou que está previsto acometer en 2026 o peche perimetral do patio, así como renovar a cubrición da pista deportiva que se atopa neste espazo. O importe estimado da actuación é de 200.000 euros.

Tal e como sinalou o conselleiro, este novo investimento enmárcase no Plan de nova arquitectura pedagóxica, ao abeiro do que a Xunta está a renovar as instalacións dos centros educativos de toda Galicia, e súmase ao investimento de máis de 3 millóns de euros realizado en obras nos centros de Sarria nos últimos anos.

“Neste mesmo colexio investimos 1,6 millón de euros nunha rehabilitación integral coa que reforzamos a estrutura do centro e, a maiores, melloramos a súa eficiencia enerxética, con actuacións como a aplicación de illamento térmico na fachada ou o cambio de fiestras ou luminarias”, destacou Román Rodríguez. Máis recentemente, tamén se acometeu a ampliación da biblioteca do Instituto Xograr Afonso Gómez (270.000 euros).

⚙ Configurar cookies
0.091263055801392