Aprobado por unanimidade o PXOM do Incio

SarriaXa
Aprobado por unanimidade o PXOM do Incio durante a sesión de Pleno extraordinaria celebrada esta mañá polo concello
Concello_do_Incio
Concello_do_Incio
12 Dec 2022

Durante o trámite de información pública foron presentadas 132 alegacións

Durante a sesión de Pleno extraordinaria desta mañá celebrada no Concello do Incio, aprobouse por unanimidade o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Esta é a terceira aprobación provisional deste plan, xa que o Goberno local xa fixera a segunda a finais do ano pasado, que foi enviada á Xunta.

O Goberno autonómico requiriu novas informes sectoriais como paso previo á aprobación definitiva e unha vez obtidos os informes dos correspondentes organismos e realizadas as modificacións menores que indicaban, tiña que facerse unha terceira aprobación provisional polo Pleno.

Desta maneira, este organismo procedeu a unha nova aprobación provisional para a súa posterior remisión á Dirección Xeral do Territorio e Urbanismo para que resolva, se procede, sobre a aprobación definitiva.

Máis de 130 alegacións

Durante o trámite de información pública foron presentadas 132 alegacións por parte de persoas interesadas, que foron resoltas polo Pleno da Corporación Local o pasado 12 de maio de 2017.

Destas, 61 (46.21%) foron aceptadas na súa integridade 61, 42 (31,82%) só parcialmente e rexeitadas 29 (21,97%).

O novo PXOM servirá para reducir o solo urbano

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, amosou a súa satisfacción ante este “paso importante” para a aprobación do plan e lembra que un dos compromisos cos veciños era facer todo o traballo preciso para ter o documento aprobado neste mandato”.

Ademais, sostén que a revisión comezou a tramitarse hai máis dunha década para reducir o solo urbano e así rebaixar as cantidades que os veciños deben pagar en concepto de IBI.

0.17543196678162