Arredor de 25 persoas participaron na visita á Casa-Museo Eulogio de Laiosa, no Incio

SarriaXa
Desde o servizo de Bibliotecas Móbiles de Galicia pretenden con esta actividade recuperar a memoria colectiva a través de todo o material que ten o museo
Casa-Museo-Eulogio-de-Laiosa-O-Incio
12 Jul 2024

A Furgoteca organizou unha visita á Casa-Museo Eulogio de Laiosa, no Incio, á que se achegaron 25 persoas.

Desde o servizo de Bibliotecas Móbiles de Galicia pretenden con esta actividade recuperar a memoria colectiva a través de todo o material que ten o museo, como fotos antigas, a demostración de traballos e máquinas relacionadas coa agricultura, teares, madeira e ferro.

O percorrido pola Casa, da man de José Luis Gallego, consistiu na narración da historia dos seus antepasados e da construción de dito inmoble, centrándose logo na mostra de diferentes obxectos, como xoguetes, libros, ferramentas, etc.

Concretamente, observaron distintas estancias nas que se demostraron oficios como o de carpinteiro, xa que conserva un banco de traballo que data de 1929 e que se mantén intacto a cando traballaba o avó do propietario da Casa-Museo Eulogio.

0.15078592300415