Artefeito leva a Triacastela a obra "Dous no Camiño"

A compañía Artefeito representará a obra "Dous no Camiño" o próximo mércores 28 de outubro en Triacastela. A función terá lugar ás 17.00 horas no Centro Sociocultural Fonte do Lunar.
A actuación forma parte dunha xira impulsada pola Xunta de Galicia no marco do programa O teu Xacobeo, que promove iniciativas culturais vinculadas ao Camiño de Santiago.