As Feiras de Primavera do Páramo celebraranse entre o 7 e o 9 de xuño

SarriaXa
Como cada ano, acollerán exposición de gando, de maquinaria e produtos artesanais
Feiras-Primavera-O-Páramo
Feiras-Primavera-O-Páramo
21 Maio 2024

O Páramo acollerá, un ano máis, as súas Feiras de Primavera entre o 7 e o 9 de xuño, cumprindo a súa edición 26, na que haberá, como novidade, unha poxa de Africor de gando frisón, que se desenvolverá o día 8 de xuño despois da que se celebrou en Sarria durante a Feira de San Isidro.

Os organizadores, a Asociación de Amigos do Campo da Feira, xa están a preparar todo para a celebración das Feiras, que contan co apoio do Concello do Páramo, que se desenvolverá no campo da feira como cada ano.

Con datos aínda por confirmar, como quen será o encargado de dar o pregón e cales serán as actuacións musicais, o protagonismo das feiras será para as reses, xa que o ano pasado participaron uns 140 animais e foron premiadas 27 reses de seis ganderías do Páramo, Samos e Láncara.

Tamén será protagonista o sector cabalar, xa que haberá unha exhibición de doma de cabalos o día 9 de xuño, así coo tamén haberá exposición de maquinaria agrícola, artesanía, roupa, alimentación e pulperías.

0.17222309112549